Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación de urxencia, para unha subministración e instalación de 6 servidores, software e equipamento complementario para informatización de centros de sacrificio de animais da Comunidade Autónoma de Galicia (C/225-2001).

1. Obxecto e orzamento: unha subministración e instalación de 6 servidores, software e equipamento complementario para informatización de centros de sacrificio de animais da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe máximo de trinta millóns cincocentas oitenta e nove mil pesetas (30.589.000 pesetas, IVE incluído) equivalentes a 183.843,59 euros.

2. Solvencia económica, financieira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

5. Garantías: non se esixen.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do decimo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais no Edificio Administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a

apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

10. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos