Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. Jesús García Naveira.
Situación: Betanzos.
Descricións técnicas: que coa finalidade de dar servicio eléctrico na avda. Jesús García Naveira, concello de Betanzos, se proxecta a instalación: L.M.T.S., C.T.C. Jesús García Naveira. Liña de media tensión subterránea a 15 kV cunha lonxitude
de 0,066 km, con orixe na L.M.T. existente de C.T. Dr. Fariña r/ Rollo a C.T. República Arxentina, conductor tipo R.H.V., e final no C.T.C. proxectado avda. Jesús García Naveira. Centro de transformación, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 4 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña