Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica o laudo arbitral correspondente á reclamación instruída pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XA 72/2000).

Por esta cédula notifícaselle ó reclamado, cos datos e último enderezo coñecidos sinalados no anexo desta cédula, o laudo arbitral dictado pola Xunta Arbitral de Transportes, recaído no expediente que se cita no mencionado anexo.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpoñer recurso de anulación perante a Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición de demanda de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 509 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lle sirva de notificación ó reclamado de enderezo descoñecido, ou ben intentada a notificación esta non se puido practicar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: XA 72/2000.

Reclamante: Transportes Duco, S.A.

Reclamado: Monterrey de Ediciones Revista de Galicia Historia, S.A.

Último enderezo coñecido: avda. de Mahía, nº 106, edif. San José, portal 1-2º A, 15120 Bertamiráns, Ames.

Feitos reclamación: non pagamento portes transportes.

Data: 7 e 11 de febreiro de 2000.

Contía reclamación: 70.259 pesetas.

Data vista xunta arbitral: 9 de outubro de 2000.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, edif. Área Central, praza de Europa, 5 A-2ª planta, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación.