Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da redacción do proxecto, execución das obras e subministración de equipamento museográfico da Casa das Palabras en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo; dependencia: Novos Proxectos Urbanos; nº expediente 13988/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto, execución das obras e subministración do equipamento museográfico da Casa das Palabras.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 2 meses redacción del proxecto e 20 meses execución.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 1.573.762.217 pesetas (9.458.501,42 euros).

5. Garantías: provisionais: 31.475.244 pesetas (189.170,02 euros).

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36203 Vigo, teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: 31-5-2001.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 1 ó 9, categoría f; grupo I, subgrupos 1, 3, 5, 6, categoría d; grupo J, subgrupo 2, categoría d; grupo K, subgrupos 1, 2, 9, categoría d.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: data límite para a presentación: 31-5-2001.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga para mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 12 horas do 5-6-2001.

10. Outras informacións: o contrato finánciase nun 70% polo Feder, dentro do programa operativo local 2000-2006.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 5 de abril de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde