Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

CONVOCATORIA de concurso de ideas para a construcción dunha nova casa de cultura en San Cibrao.

Obxecto: é obxecto deste concurso a achega de ideas para a futura construcción dun edificio destinado a casa de cultura na localidade mariñá de San Cibrao (Cervo).

Concursantes: tódolos arquitectos superiores, individualmente ou por equipo, que se atopen colexiados en calquera dos colexios oficiais de arquitectos de España.

Prazo de inscrición: 20 días contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

1º Premio: consistirá en lle encargar ó concursante elixido a redacción do proxecto básico e de execución, encomendándolle a dirección técnica das obras. O concello aboará os correspondentes honorarios profesionais.

2º Premio: consistirá no aboamento de 400.000 pesetas en metálico.

3º Premio: consistirá no aboamento de 300.000 pesetas en metálico.

Documentación: as bases reguladoras do concurso están á disposición de tódolos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Cervo, nas delegacións do COAG de Galicia e no Consello Xeral de Arquitectos de España.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 6 de abril de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde