Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de incendios 2000/0235.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1 de decembro), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13 de febreiro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo

deberán emprega-lo impreso normalizado, que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de abril de 2001.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 2000/0235.

Denunciado: Estévez Estévez, José Antonio.

Último domicilio coñecido: trav. do Sisto, 1-1º esq. Marrozos 15893 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: queimar en época prohibida e sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación: artigo 138 a) e 138 c) do Regulamento de incendios forestais.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.