Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato de Persoal Estatutario da Función Administrativa do Sergas (SPEFA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato de Persoal Estatutario da Función Administrativa do Sergas (SPEFA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos traballadores da función administrativa pertencentes ós grupos A, B, C e D, que sexan titulares da praza, e que se encontren en calquera das situacións administrativas das previstas no Estatuto de persoal non sanitario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Asinan a acta de constitución: Victorina Couto Arca e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais