Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e c. distribución Facultade de Fisioterapia-A Xunqueira.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 230 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. A Caeira ata o centro de distribución proxectado na Facultade de Fisioterapia, no campus da Xunqueira, no concello de Pontevedra. Centro de distribución con 3 celas de liña CML-SF6.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte
ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que ó seu dereito considere pertinente.
Pontevedra, 27 de marzo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra