Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 14 de maio de 2001 Páx. 6.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Lalín-Potevedra, con anexos: V-3216; XG-360.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciose expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3216; XG-360, Lalín-Pontevedra, con anexos, mediante a incorporación do anexo:

* Covelo-Paradivas-Caldas de Reis, Estación-Portas-Porta do Conde-Romai-Porráns-Pontevedra.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes