Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, do día 29 de marzo de 2001, publicáronse as bases das probas selectivas para prover por concurso-oposición dúas prazas de auxiliares, encadradas na escala de administración xeral, subescala auxiliar, clase auxiliar, e integradas no grupo D, de xeito interino por excedencia dos seus titulares e mentres non regresen a elas ou ben se proceda á cobertura das prazas por funcionarios de carreira.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo, conforme o anexo, poderán presentarse no rexistro xeral deste concello, ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

A Guarda, 30 de marzo de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde