Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación por concurso con procedemento aberto da obra que se indica a seguir, incluída no Plan de Obras e Servicios (POS)-2001, da deputación provincial:

Obra: pavimentación con aglomerado asfáltico en diversas rúas do núcleo urbano.

Orzamento: 12.791.922 pesetas.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da deputación provincial na sesión do día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril, que pode ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador/a ou persoa que o/a represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás 18 horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dª..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o/a substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio en..., número..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación con aglomerado asfáltico en diversas rúas do núcleo urbano, e para tales efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de... en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2000.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación con aglomerado asfáltico en diversas rúas do núcleo urbano, presentada por...

En..., ... de... de 2000.

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 19 de abril de 2001.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde