Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de pesca fluvial OU 261/2000P e dous máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para o efectuaren deberán emprega-los

impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de abril de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/anoDenunciado

DNI

Último domicilio coñecidoFeito probadoPrecepto infrixido e sancionadorSanción

261/2000Jorge Ribas Domínguez

36.151.905-E

Avda. Galicia, nº 87-baixo

Vigo (Pontevedra)

Pescar desde unha embarcación, sen licencia de pesca e sen licencia para a pesca desde embarcación.34.1º75.000 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

Expediente nº/anoDenunciado

DNI

Último domicilio coñecidoFeito probadoPrecepto infrixido e sancionadorSanción

276/2000Faustino Calviño Ferreiro

76.705.512

Avda. Fernández de Mora, nº 25, 1º E

Ponteareas (Pontevedra)

Pescar sen porta-la licencia de pesca aínda sendo titular dela.33.1º3.000 pesetas

278/2000Jesús Lorenzo Rodríguez

34.555.349

R/ Velázquez, nº 19-2º

Ourense

Pescar en luns, día inhábil para a pesca.33.9º10.000 pesetas