Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 11 de maio de 2001 Páx. 6.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de abril de 2001 pola que se autoriza o centro privado Nuestra Señora de Lourdes, da Estrada (Pontevedra) para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos.

Visto o expediente sobre autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Nuestra Señora de Lourdes, da Estrada (Pontevedra); iniciado ó abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de

centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o dito centro conta con autorización definitiva, por Orde do 26 de xullo de 2000 (DOG do 4 de setembro), para imparti-la educación secundaria obrigatoria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e a proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, ó centro privado Nuestra Señora de Lourdes, da Estrada (Pontevedra), cos datos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Estrada.

Localidade: A Estrada.

Enderezo:-Educación infantil e primaria: O Cruceiro, nº 32.-Educación secundaria e educación básica de adultos: Santa Baia-Matalobos, 42.

Denominación: Nuestra Señora de Lourdes.

Código do centro: 36002323.

Titular: J. Enrique Otero Fernández.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

d) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.