Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.316

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS, RETEGAL, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de diverso persoal.

A administradora única de Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A. acorda convocar proceso selectivo para a contratación das persoas que cubran os postos de traballo que a continuación se relacionan:

postos

Posto

Ref.

Requisitos

1Auxiliar técnico electrónicoATE/LF/01FPI ou graduado escolar

1Enxeñeiro técnico en telecomunicaciónsETT/LF/01Enxeñeiro técnico de telecomunicacións ou industrial

1Administrativo de xestión (RR. externas e institucionais)AX/LF/01FPII ou bacharelato superior

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que xuntarlle á solicitude todos aqueles documentos (cotexados) que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía, indicando a referencia do posto ó que opten.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite, así como a información complementaria que considere oportuna, nas dependencias da sociedade (Edificio Multiusos, baixo, 15820 San Marcos, Santiago de Compostela).

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será dun mes a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo.

Rosana López Salgueiro

Administradora única