Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía, do día 3-5-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, para a adquisición dun terreo en Sofán con destino a centro social, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción

do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: dúas mil trinta e seis (2.036) pesetas por m.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar de prazo de presentación.-Presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 hoas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación.-Presentaranse nun sobre pechado conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 3 de maio de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde