Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 179/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, nº 17, Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Canosa.

Situación: Cee.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56, de 527 m de lonxitude, coa orixe na liña Lires-Buxán (expediente 50409) e final no C.T. Canosa, por instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Canosa, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 475 m de lonxitude, que se conecta á rede existente, no termo municipal de Cee.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 179/2001Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. CanosaTermo municipal: Cee

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AnilleiraMonte altoElena Rodríguez TouriñánFrixe, Pquia. Freixe, 70

(Sta. Leocadia), 15124 Muxía

1228448