Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 107/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, nº 17, Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Val.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 693 m de lonxitude, coa orixe na liña Lucín-Pino do Val e final no C.T. do lugar do Val, por instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no Val, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 49 m que se conecta á rede existente, no termo municipal de Mazaricos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 107/2001Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. ValTermo municipal: Mazaricos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Covas do RaposoLaborRepr.: Manuel del Río Lema

Hdos. José del Río

Asensio, s/n, 15257 Mazaricosœ 11550

2Covas do RaposoLaborDomingo Fernández FernándezAsensio, s/n, 15247 Mazaricosœ 111041.040