Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de marzo de 2001, do recadador de zona de Lugo, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Alfonso Peña, Edilio e once máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona de Lugo, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores, dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o anterior faise en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela ou reclamación económico-administrativa, perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Roberto Vázquez Fermoso

Recadador da zona de Lugo

ANEXO

DEBEDOR

NIF

DATA

DILIXENCIA

TIPO DA DILIXENCIA

ALFONSO PEÑA, EDILIO33739884B19-1-2001EMBARGO INMOBLES

ALVAREZ RODRIGUEZ, OLGA33761192K20-10-2000EMBARGO INMOBLES

CRUZ VILA, JOSE LUIS33838083T21-2-2001EMBARGO INMOBLES

DEBEDOR

NIF

DATA

DILIXENCIA

TIPO DA DILIXENCIA

FERNANDEZ MERA, CARLOS33774709Z20-3-2001EMBARGO INMOBLES

FERNANDEZ VICENTE, ALFONSO33814937S15-2-2001EMBARGO SOBRANTE DEBEDOR

LAGE CIGARRAN, FERNADO33343957Y23-2-2001EMBARGO VEHÍCULO

LOPEZ BERGANTIÑOS, ARSENIO33821151L13-3-2001EMBARGO CRÉDITOS

LOPEZ PEREZ , VICTORIA33775118D20-3-2001EMBARGO INMOBLES

LORENZO LOUREIRO, ISABEL33698583H17-3-2001EMBARGO INMOBLES

PROVICON PROMOTORA AGESA, SLB2710085813-3-2001NOT. SOCIOS

RODRIGUEZ PARGA, MARTA33856265N21-2-2001EMBARGO INMOBLES

VAZQUEZ PIÑEIRO, MARINA33799716C19-3-2001EMBARGO INMOBLES