Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 10 de maio de 2001 Páx. 6.250

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 20 de abril de 2001 pola que se designa o vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Celebradas as eleccións e ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e segundo o disposto no artigo 36 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 28 de decembro de 2000, pola que se convocan eleccións para a renovación do referido consello regulador, en concordancia co establecido no artigo 29.2º do Regulamento da denominación de orixe, trala proposta do consello regulador electo en pleno, e conforme as atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas a José Manuel Cores Tourís.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio