Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, relativa á convocatoria para prover un posto de funcionario.

O BOP de Ourense nº 19, do 24 de xaneiro de 2001, publica integramente a convocatoria e bases do proceso selectivo para prover, mediante sistema de concurso e promoción interna, un posto de cabo vacante no cadro de persoal da policía local deste concello, e que foi corrixida en anuncio inserido no mesmo boletín con data do 9-4-2001 (nº 82).

As instancias poderán ser presentadas durante o prazo de vinte días naturais, desde o seguinte a aquel en que as convocatorias aparezan publicadas no BOE.

Xinzo de Limia, 18 de abril de 2001.

Gonzalo Iglesias Sueiro

Alcalde