Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública.

De conformidade con canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997,

do 24 de marzo, do solo de Galicia, por anuncio faise público que o Pleno do Concello, na súa sesión do 30 de marzo de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, acordo que na súa parte dispositiva resulta do teor literal seguinte:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, e xa que logo, co quorum da maioría absoluta legal esixido polo artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal co seguinte contido:

Modificación número 1: reclasificación como solo urbanizable industrial de 12,2 hectáreas de solo urbano industrial.

Modificación número 2: variación do trazado dunha vía prevista no solo urbano.

Modificación número 3: variación do trazado dunha vía prevista no solo urbano -estrada de Monterroso ó Marco por proposta da Deputación Provincial de Lugo.

Segundo.-Que o presente acordo, na súa parte dispositiva, xunto co articulado das normas se publique no BOP en cumprimento de canto se establece no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Publicando, así mesmo, aquel no Diario Oficial de Galicia, de conformidade con canto establece o artigo 48.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Achegar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a documentación a que fai referencia o artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia».

Entrada en vigor: a modificación aprobada entrará en vigor unha vez publicada no BOP de Lugo e de que transcorra o prazo a que se refire o artigo 48.3º da Lei do solo de Galicia.

Recursos: contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, diante da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Monterroso, 5 de abril de 2001.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente