Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 46/2000 a Jesús Martínez Ares.

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente sancionador 46/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Juan Carlos Saco Mirón na

súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 170 da avda. 18 de Xullo de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para amaña-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 46/2000.

Vista a denuncia presentada por Juan Carlos Saco Mirón na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 170 da avda. 18 de Xullo de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Con data do 8 de abril de 1999, Juan Carlos Saco Mirón formula denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 17/1999, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

Terceiro.-Con data do 14 de decembro de 2000 dictouse proposta de resolución do meritado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición á promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares dunha sanción consistente nunha multa de 500.001 pesetas.

A proposta foi notificada a través do Diario Oficial de Galicia en data do 9 de febreiro de 2000, ó encontrarse, a empresa en cuestión, ausente do seu domicilio social.

Concedido un prazo de 15 días a denunciantes e denunciado para que formulasen alegacións ningunha das partes intervenientes fixo uso dese dereito.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora Jesús Martínez Ares incumpriu a obriga de amaña-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

Segundo.-Que a infracción imputada se encontra tipificada no epígrafe e, do artigo 6, da Lei 13/1996, de 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terá a cualificación de infraccións moi graves... a neglixencia de promo

tores, constructores e facultativos durante a execución das obras de vivendas de protección oficial que dese lugar a vicios ou defectos que afecten a edificación de vivendas de protección oficial e se manifesten durante os 5 anos seguintes á data de expedición da cédula de cualificación definitiva».

Terceiro.-Que o artigo 7.1º.c, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, sanciona con multa de 500.001 ata 10.000.000 de pesetas, as infraccións cualificadas como moi graves, sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a Lei 13/1996, do 30 de decembro, autorizándose en calquera caso a administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracción en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Primeiro.-Sanciona-la promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, como autora dunha infracción cualificada como moi grave no artigo 6 letra e, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha multa de 500.001 pesetas por incumprimento da obriga de repara-los vicios ou defectos denunciados no edificio nº 170 da avda. 18 de Xullo desta cidade de Lugo.

Segundo.-Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación das cales foi requirida a execución por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 2 de marzo de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo