Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial denominado Modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, aprobado definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Plan Eólico de Galicia, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 1 de outubro de 1997, aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Plan Eólico de Galicia, promovido pola Consellería de Industria e Comercio, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

A execución dos proxectos derivados do Plan Eólico de Galicia e a aprobación de novos proxectos non incluídos nel puxo de manifesto a necesidade de actualiza-los contidos do citado plan.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Someter a información pública a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal denomiando Modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria e nos concellos afectados, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria