Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/345-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Stas. Mariñas, 35.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: que coa finalidade de alimentar electricamente un edificio de nova construcción, en Santas Mariñas, nº 35, no concello de Santiago de Compostela, L.M.T.S., C.T. Santas Mariñas, nº 35. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,8 km, con orixe no C.T. rúa Estrada, 43 (expediente 238/1996) conductor tipo R.H.V. e final na L.M.T.S. a C.T. Restollal (expediente 92/94). Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 29 de marzo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña