Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 09 de maio de 2001 Páx. 6.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. L.M.T.-C.T. Areeiros II, no concello de Vilaboa, e se convocan os interesados para o levantamento de actas previas á ocupación. (Expediente 267/1996 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, na que se determina que a declaración de utilidade pública leva implícita a declaración da necesidade da urxente ocupación, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia, que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación, e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación acorda:

1º Declarar, en concreto, a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, co fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 96/267 L.M.T.-C.T. Areeiros II, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas polas respectivas resolucións desta delegación do 4 de novembro de 2001.

2º Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xuntan, co alcance que se determina.

3º Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas do día 24 de maio de 2001, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade; poden facerse acompañar de perito ou notario á súa costa.

Predios: 1-11; hora: 10 horas; día: 24-5-2001.

Nº expediente: 96/267.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T. Areeiros II.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: Areeiros-Concello de Vilaboa.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 125 m de lonxitude, conductor LA 56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, contra o presente acordo non procede recurso ningún; non obstante, os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento das actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir os posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 30 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 96/267. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Areeiros II.Termo municipal: Vilaboa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1ToxeiraLabradíoMª C. Cerqueiro MartínezCerqueiro, 19

36141 Sª Cristina de C. Vilaboa

125

3ToxeiraViñedoHdos. N. Valladares BouzónAvda. Castelao, 69

36690 Arcade

216160

4ToxeiraMonte altoHdos. N. Valladares BouzónAvda. Castelao, 69

36690 Arcade

888

5ToxeiraMonte altoIsolina Blanco FernándezAreeiros, 37

36141 Sta. Cristina-Vilaboa

252

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6ToxeiraMonte altoC. Otero GonzálezBº Muíños, 7

36141 Sta. Cristina-Vilaboa

41184

8SeixoMonte altoMaría Vidal FabeiroCalvar, 72

36957 Domaio

24105

9M. NovaPradoEsmeralda Rosendo PregoSanta Cristina de Cobres, 1

36141 Vilaboa

250388

10SeixoMonte altoJosé Vidal FabeiroBarciela, 30

36141 Sª Cristina de C.-Vilaboa

38

11SeixoViñedoJosé Vidal FabeiroBarciela, 30

36141 Sª Cristina de C.-Vilaboa

24