Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 26-3-2001, o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do núcleo histórico de Vilanova, en cumprimento do disposto polo artigo 114, da Lei do solo do 26-6-1992, exponse ó público o expediente na secretaría do concello, polo prazo dun mes, durante o que se poderá examinar e formular contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Inseríndose este edicto no DOG e no BOP de Pontevedra (e na prensa diaria), o período inicial para exame e presentación de alegacións iniciarase a contar desde o día seguinte ó da inserción do último dos anuncios que se publiquen, rematándose o período o último día no que se cumpra un mes desde o día seguinte ó da inserción do dito anuncio.

Vilanova de Arousa, 28 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado