Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de abril de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona requirimento de documentación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Berthoneau, Esther).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de tentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os acto foi adoptado polo servicio de tesourería da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días cotados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30 Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 6 de abril de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Berthoneau Esther.

R/ Urzáiz, 79-5º A (Vigo).

Procedemento: devolución taxa Escola Oficial de Idiomas.