Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (584/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 584/2000, por instancia de Julián Castro Ordóñez, contra I.S.M. e outra sobre incapacidade temporal, nos que se dictou sentencia con data 9-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por Julián Castro Ordóñez, absolvo dela as demandadas Instituto Social da Mariña e a empresa Ageisanza, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ageisanza, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 9 de abril de 2001.

O secretario xudicial

(Sen rubricar)