Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 93/2001, do 19 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora ambiental do bordo fluvial da ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Morouzos.

O Concello de Ortigueira, en sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2000, aprobou o proxecto de mellora ambiental do bordo fluvial da ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Morouzos e, na sesión do

28 de xuño de 2000, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Ortigueira foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 28 de marzo de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 7 de decembro de 2000.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado porque, segundo sinala o concello, a urxencia das obras vén dada pola necesidade de rexeneración dunha xona que se atopa incluída no Convenio Internacional Ramsar de Zonas Húmidas de Importancia Internacional, catalogada como espacio natural protexido, e dentro da rede europea Natura 2000, e que na actualidade se atopa altamente degradada pola acción do home, sobre todo polo uso intensivo do solo con fins agrícolas e forestais, o que condiciona en gran medida a estabilidade da paisaxe ó presentar esta zona graves deficiencias ocasionadas pola abundancia de eucaliptais.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de abril de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa declárase a urxente ocupación polo Concello de Ortigueira, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de mellora ambiental do bordo fluvial da ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Morouzos.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais