Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2001 Páx. 6.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 02/4050/2001, interposto por Agrelomar, S.L.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/4050/2001, interposto por Agrelomar, S.L., contra resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 3 de outubro de 2000, pola que se outorga aprobación definitiva ó proxecto do Plan especial do porto de Marín-Pontevedra, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

P.D. ( Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda