Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba, referente á convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso oposición libre, dunha praza de recepcionista de almacén e encargado do parque móbil do Concello de Vilalba, vacante no cadro de persoal deste concello, incluída na oferta de emprego público do ano 2000 e dotada orzamentariamente coas retribucións legais. As súas bases publicáronse no BOP de Lugo nº 30 do 6 de febreiro e corrección de erros no nº 37 do 14 de febreiro de 2001

As instancias para tomar parte na citada convocatoria deberán dirixirse ó presidente da corporación, e presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma en que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Vilalba, 2 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado