Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 07 de maio de 2001 Páx. 6.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da empresa Vulcarol, S.L., persoal de limpeza industrial na central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L. persoal de limpeza industrial na central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (código convenio nº 1503042) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-3-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa do citado centro de traballo o día 20-3-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de trabajo esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación a representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de marzo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L., co seu persoal de limpeza industrial da central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez

Vixencia: 2000/2001

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación ó persoal de Vulcarol, S.L. dedicado á limpeza industrial da central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2001.

Quedará automaticamente denunciado a partir do día 1 de novembro de 2001, e a partir desa data poderase inicia-la negociación dun novo convenio.

Será prorrogado en tódolos seus conceptos en canto non se logre un acordo expreso nas novas negociacións.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual, sen que caiba a aplicación illada dalgunha das súas partes.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensan e absorben tódalas existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou a súa orixe.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás pactadas no presente convenio, cando consideradas en cómputo anual, superen a estas.

En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de interpretación.

Para a correcta interpretación e vixilancia do convenio crearase unha comisión mixta de interpretación formada polo comité de empresa e a representación desta que tomou parte nas deliberacións. A comisión será presidida por quen ela designe en cada sesión. Será secretario un vocal, igualmente designado para cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez en cada unha das dúas representacións.

A comisión reunirase no prazo máximo de quince días desde a súa convocatoria e cantas veces sexa necesario para resolve-los problemas referentes á

aplicación e interpretación do convenio, tendo as súas resolucións carácter vinculante.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas da seguinte forma:

-Xornada continuada: luns a mércores de 7 a 15 horas.

Xoves e venres de 7 a 14 horas.

-Xornada partida: luns a mércores de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 18 horas.

Xoves e venres de 8.30 a 13.15 e 14.45 a 17 horas.

O persoal en xornada partida pasará a xornada continuada durante o período de 15 de xuño a 14 de setembro.

O persoal a xornada continuada disporá de 20 minutos de descanso para bocadillo que terá a consideración de tempo traballado.

Os traballadores afectados polo presente convenio disporán de 15 minutos á saída do traballo para asearse.

Se durante a vixencia deste convenio se reducise a xornada semanal de Endesa (As Pontes de García Rodríguez), e sempre que esta non sexa inferior a 37 horas semanais, adaptaríase a xornada de acordo con tal reducción.

Artigo 7º.-Retén de garda.

Os sábados, domingos e festivos haberá un retén de persoal de garda, designado pola empresa, no caso de non existir voluntarios suficientes, con horario de 7 a 13 horas e descanso luns e martes.

Por cada sábado, domingo ou festivo traballado percibirán unha prima segundo os anexos I e II, se ben poderán optar por percibi-la prima e dous días de descanso ou só tres días de descanso. O terceiro día de descanso cobrarase da mesma forma que un dos outros dous.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais. Os maiores de 50 anos desfrutarán de 31 días. A retribución será a do salario real correspondente á xornada ordinaria, exceptuando os complementos de distancia e transporte. Empresa e comité confeccionarán un calendario de vacacións procurando que tódolos traballadores as desfruten entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Os traballadores que se incorporen á empresa durante o ano desfrutarán a parte proporcional de vacacións que lles correspondan. Desfrutaranse obrigatoriamente dentro do ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador avisando coa debida antelación e posterior xustificación terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días por enfermidade grave de familiar de primeiro grao. Asimílase a primeiro grao á parella con quen se conviva.

c) 4 días por falecemento de familiar en primeiro grao.

2 días por falecemento de familiar en segundo grao.

1 día por falecemento de familiar en terceiro grao.

d) 6 días por nacemento de fillo.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual

f) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

g) Ó tempo imprescindible para recibir asistencia sanitaria, debendo xustificarse adecuadamente o tempo de permanencia. O traballador terá dereito ó cobro dos complementos polo tempo que xustifique de permanencia en consulta.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) 1 día para a renovación do permiso de conducir.

j) 1 día para a renovación do DNI.

k) 1 día para o recoñecemento médico anual.

Artigo 10º.-Salario abse.

O salario base é o que se establece para cada categoría na táboa salarial anexa. O salario base devéngase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento persoal por antigüidade consistirá en tres bienios do 5% do salario base e posteriores quinquenios do 7% do salario base. Respectarase o establecido no Decreto lexislativo 1 do 24-3-1995 que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo traballador afectado polo presente convenio terá dereito a percibir 2 pagas extraordinarias o importe das cales será segundo os anexos I e II ou a parte proporcional ó tempo traballado segundo o seu período de devengo. Estas pagas denominaranse de verán e Nadal.

A paga de verán devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no primeiro semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de xullo.

A paga de Nadal devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no segundo semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de decembro.

Artigo 13º.-Participación nos beneficios.

Coa nómina do mes de febreiro percibirase unha gratificación por participación nos beneficios consistente na cantidade establecida nos anexos I e II.

Devengarase do día 1 de xaneiro ó 31 de decembro, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 14º.-Complemento de actividade.

Percibirase para cada categoría, segundo a táboa salarial e por día efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Complemento de transporte e distancia.

Por día efectivo de traballo percibirase o complemento extrasalarial denominado complemento de transporte e distancia, na contía establecida nos anexos I e II.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade.

O traballador que realice a súa xornada de traballo entre as 22 e as 6 horas percibirá en concepto de nocturnidade a cantidade establecida nos anexos I e II, por xornada efectivamente traballada.

Artigo 17º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

Pola excepcional toxicidade, penosidade e perigosidade que concorra en determinados postos de traballo percibirase un complemento na contía establecida nos anexos I e II, por xornada efectivamente traballada. Aboarase a parte proporcional no que exceda de 8 horas.

Percibirá o complemento nos seguintes traballos:

-Limpeza interior do silo de cinzas.

-Conducto de gases de saída e circulación.

-Limpeza interior de caldeira.

-Traballos en rodetes e pista de aros.

-Manta e alimentadores.

-Colectores e precipitadores.

-Prequentadores

-Parque de Saa.

Así como en todos aqueles en que legalmente se determine o dereito á súa percepción.

Artigo 18º.-Complemento de mina.

O persoal que realice o seu traballo na mina percibirá un complemento por día traballado na contía establecida nos anexos I e II, inclúese nesta cantidade o desprazamento.

Artigo 19º.-Complemento de central.

O persoal que preste os seus servicios na central térmica percibirá un complemento por día traballado na contía establecida nos anexos I e II.

Artigo 20º.-Complemento de pistola.

Por día efectivamente traballado con pistola de auga a presión percibirase un complemento na contía establecida nos anexos I e II.

Os seguintes traballos equipararanse, para efectos económicos, ó manexo de pistola de auga a presión:

-Aspirado de caldeira.

-Aspiración con equipo MUNKEBO.

-Pistoleado con hidrolimpadora de presión.

Artigo 21º.-Complemento de varredora e outros complementos.

Os peóns que manexen varredoras automóbiles percibirán por día efectivo de traballo no dito posto un complemento, na contía establecida nos anexos I e II.

Os traballos realizados nos postos denominados, planta 2 de trituración, pozo de trituración, galerías (desde trituración a planta 6, e desde trituración a separación magnética), varanda de control, gorros chineses de cinza e cintas transversais de parque de carbóns, devengarán un complemento por día traballado na contía establecida nos anexos I e II.

Na planta 6, pola excepcional toxicidade, devengarase un complemento por día traballado, na contía establecida nos anexos I e II

Artigo 22º.-Traballos especiais e paradas programadas.

22.1. Caldeiras.

Os traballos especiais de caldeira realizaranse sen interrupción en dúas quendas de traballo diarias. Pola limpeza interior da caldeira completa, percibirase unha prima na contía establecida nos anexos I e II, ou a parte proporcional ó tempo traballado nesa limpeza. Independentemente percibirase o complemento de tóxico, penoso e perigoso.

22.2. Escavadoras e amoreadoras.

A limpeza de escavadoras e amoreadoras farase cos traballadores que habitualmente traballan na mina. Realizarase cos que estean.

Pola realización destes traballos aboaranse 24 horas extras por máquina, cando se realicen en sábados, domingos ou festivos.

As horas de espera pagaranse na contía establecida nos anexos I e II, non entrando no cómputo das 24 horas mencionadas anteriormente.

Por máquina completa percibirase unha prima na contía establecida nos anexos I e II.

22.3. Chemineas.

Establécese unha prima na contía establecida nos anexos I e II, por tódolos conceptos. Se a limpeza se realiza fóra da xornada ordinaria, pagaranse as horas extras que correspondan.

22.4. Manta e alimentadores.

Establécese unha prima na contía establecida nos anexos I e II, por operario e servicio completo.

22.5. Colectores e conductos de gases de saída e circulación.

Establécese unha prima na contía establecida nos anexos I e II, por tódolos conceptos. no caso de conductos a prima será por día completo traballado.

22.6. Precipitadores.

Establécese unha prima por tódolos conceptos, na contía establecida nos anexos I e II, por liña completa realizada.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

23.1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

23.2. Horas extraordinarias esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxentes: realización.

23.3. Horas extraordinarias estructurais e as necesarias por ausencias imprevistas: realización sempre e cando non sexa posible a súa substitución por contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

23.4. As horas extras aboaranse na contía establecida nos anexos I e II, podendo compensarse a razón de 1 día de descanso por cada 5 horas extras realizadas.

23.5. As horas extras en sábado, domingo ou festivo aboaranse na contía establecida nos anexos I e II, podendo compensarse a razón de 1 día de descanso por cada 4 horas realizadas.

En caso de ser chamado para a realización de horas extraordinarias, aboaranse un mínimo de 3 horas.

Mensualmente farase entrega ó comité de empresa dunha relación nominativa das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 24º.-Axuda de comida.

En concepto de suplidos establécese, durante a vixencia do presente convenio, unha axuda de comida o importe da cal será o establecido nos anexos I e II, por día traballado, para o persoal en xornada partida.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

O importe das axudas de custo, durante a vixencia do presente convenio, será o establecido nos anexos I e II.

Artigo 26º.-Pagamento de salarios.

Os salarios serán aboados nos tres primeiros días do mes, e o traballador disporá dunha hora de permiso para cobrar sempre que o pagamento se realice por cheque ou transferencia bancaria.

Artigo 27º.-Organización do traballo.

Tendo en conta a obrigatoriedade da empresa de realizar tódolos traballos establecidos nos contratos subscritos con Endesa para a limpeza industrial de central e mina, en particular os que merecen especial mención no artigo 22º, e a adscrición do persoal afectado polo presente convenio a eles, convense a execución, mesmo fóra da xornada normal de traballo.

A realización dos traballos fóra da xornada ordinaria de traballo farase con persoal voluntario dentro de cada categoría e especialidade, completando con traballadores de libre designación cando os voluntarios non fosen suficientes.

Ámbalas partes comprométense para que, tanto dentro da voluntariedade como na designación, se rote entre tódolos traballadores salvando as diferencias propias de categoría e profesión.

A empresa, sen prexuízo da capacidade de organización que lle é propia, procurará rota-los traballadores por tódolos postos de traballo propios da súa categoría.

Artigo 28º.-Traballos de superior categoría.

Todo traballador que realice traballos de superior categoría por espacio de catro meses consecutivos ou seis alternos nun período dun ano, consolidará a retribución económica ó dito posto.

Artigo 29º.-Promoción.

A empresa realizará cursos de formación e perfeccionamento do persoal, organizándoos a través dos representantes dos traballadores. Estes cursos, no caso de seren superados, servirán de mérito para valorar ascensos.

Independentemente do anterior, a empresa estará obrigada a convocar prazas de ascenso, cando existan vacantes, mantendo unha relación porcentual entre as diferentes categorías. Acórdase crear unha comisión formada por dous representantes de cada unha das partes negociadoras do convenio, para, conxuntamente, definir porcentaxes.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

A empresa no prazo dun mes desde o asinamento do presente convenio subscribirá unha póliza de accidentes que cubra os riscos de:

-Falecemento derivado de accidente laboral ou enfermidade profesional.

-Incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional.

Os capitais asegurados serán os establecidos nos anexos I e II.

Artigo 31º.-Anticipos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo realizado, podendo chegar ata o 90% do salario mensual devengado. Considéranse datas hábiles para a súa solicitude os días 15 a 20 de cada mes, debendo solicitarse con, polo menos, un día laborable de antelación.

Artigo 32º.1.-Aboamento incapacidade temporal por E.C. ou A.T.

En caso de incapacidade temporal por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100%, a partir do 8º día, dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, complementos de actividade, complemento de mina e/ou complemento de

central, pagas extraordinarias e de participación en beneficios.

O complemento producirá efectos sempre que as ausencias por IT non superen o 3%, en caso contrario o complemento aplicarase a partir do 15º día de baixa.

No suposto de baixa por accidente de traballo ou enfermidade profesional, darase o mesmo tratamento desde o primeiro día, pero respectando, en todo caso, as condicións máis favorables economicamente, se a achega da S.S. supera a garantía anterior. Este mesmo criterio aplicarase nos casos de baixa con hospitalización, mentres permaneza internado.

Artigo 32º.2.-Incapacidade permanente.

O persoal que cause baixa na empresa por incapacidade permanente, total ou absoluta, será substituído por outro traballador co mesmo carácter.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores, desde o primeiro día de traballo, a roupa de protección e hixiene necesarias. Esta roupa daráselle igualmente ó persoal que estea de baixa por enfermidade ou accidente. A cada traballador entregaráselle:

1 chaqueta de auga acolchada.

1 funda (2 central).

1 traxe de faena.

2 toallas de baño.

12 pastillas de xabón Heno de Pravia de 125 gramos.

1 par de zapatos de seguridade de coiro, cada seis meses.

1 camisa de verán.

Entregaráselle unha funda a cada traballador que realice unha caldeira completa, rodete e graxa.

Artigo 34º.-Xubilación.

Establécese a idade de 65 anos como xubilación obrigatoria, o persoal que se xubile coa citada idade será substituído por outro traballador contratado con carácter estable.

No relativo á xubilación ós 64 anos aplicarase o establecido na lexislación vixente, sendo compensada na contía establecida nos anexos I e II.

Establécese un premio por xubilación anticipada para os traballadores cunha antigüidade mínima de sete anos que decidan xubilarse voluntariamente, nas contías establecidas nos anexos I e II, sempre que a xubilación supoña a amortización do posto de traballo.

Artigo 35º.-Préstamos reintegrables.

O persoal fixo poderá solicitar da empresa a concesión de préstamos reintegrables.

Estes préstamos terán como finalidade axuda-los traballadores nos supostos de gastos imprevistos ou extraordinarios e para tal efecto dotarase un fondo social cos importes establecidos nos anexos I e II.

Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán os límites por traballador, establecidos nos anexos I e II.

Quedará a criterio da empresa a concesión ou non dos préstamos, así como o prazo de amortización, que non poderá supera-los dous anos.

Artigo 36º.-Garantías sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán da reserva de horas mensuais que establezan as leis para o desenvolvemento das súas funcións de representación.

As horas poderán acumularse nun ou en varios membros do comité, non computándose dentro do crédito horario as investidas na negociación de convenio ou por petición da empresa.

Artigo 37º.-Cota sindical.

A empresa por petición dos traballadores afiliados a unha central sindical descontará en nómina o importe da cota mensual de afiliación, que será posta á disposición das centrais por esta. A solicitude será por escrito e permanecerá vixente en tanto non se comunique o contrario.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun máximo de 5 horas ó ano para asembleas, dúas das cales non poderán coincidir en ningún caso en xoves ou venres.

Artigo 39º.-Emprego.

Mentres se manteña a actual carga de traballo derivada da relación contractual con Endesa para a limpeza industrial da central térmica e a mina, garantirase ad personam o emprego ó persoal procedente de FCC, durante a vixencia do presente convenio.

En todo caso, a empresa comprométese a utiliza-los mecanismos establecidos no Decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Páctase unha cláusula de revisión salarial que será de aplicación sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro de 2000, e que consistirá na diferencia entre o IPC real do ano 2001 e o IPC previsto para o ano 2001 (2%). A revisión terá efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 41º.-Seguridade e hixiene.

En materia de prevención de riscos e saúde laboral aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 42º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ó presente convenio, viñeran desfrutando de mellores condicións consideradas no seu conxunto en cómputo anual, que as aquí pactadas, conservarán estas.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Para o non previsto no presente convenio aplicarase o disposto no convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da Coruña.

Segunda.-Os atrasos que se deriven da aplicación do presente convenio serán satisfeitos como máximo coa nómina do mes de abril.

Terceira.-No suposto de negociarse e que se chegue a asinar un convenio colectivo das empresas auxiliares de Endesa das Pontes de García Rodríguez, no que participe na comisión negociadora a parte empresarial de Vulcarol, S.L., producirase a adhesión a este, sempre que así o decida a asemblea de traballadores deste centro de traballo, respectándose as condicións máis beneficiosas que a xuízo dos traballadores existan no actual convenio.

ANEXO I

Ano 2000

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial primeiraOficial segundaPeón especialPeón ordinario

Salario base3.6373.4913.4913.3693.2453.121

Complemento actividade1.6521.6521.6521.6521.6131.613

Complemento distancia-transporte927927927927927927

Complemento central458458458458458

Complemento mina1.5551.5551.5551.5551.555

Pagas extras106.204106.204106.204106.204106.204

Paga beneficios106.204106.204106.204106.204106.204

Retén fin de semana3.8253.8253.8253.8253.825

Complemento nocturno1.0251.0251.0251.0251.025

Complemento tóxico P. e perig.1.9581.9581.9581.9581.958

Complemento pistola presión549549549549549

Complemento varredora---------345345

Complemento trituración-Art.21229229229229229

Complemento especial planta-6354354354354354

Prima caldeira completa73.44973.44973.44973.44973.449

Prima excav. e amoreadora5.2555.2555.2555.2555.255

H. espera excav. e amoreadora1.2061.2061.2061.2061.206

Prima chemineas8.5738.5738.5738.5738.573

Prima manta e aliment.2.9392.9392.9392.9392.939

Prima traballos art. 22.57.5437.5437.5437.5437.543

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial primeiraOficial segundaPeón especialPeón ordinario

Prima precipitadores11.30011.30011.30011.30011.300

Axuda comida954954954954954

Hora extra normal1.3261.3261.3261.3261.326

Hora extra festiva1.6591.6591.6591.6591.659

Xubilación anticipadaPréstamos reintegrablesSeguro de accidentes

Ós 60 anos: 589.353 ptas.Fondo: 2.734.575 ptas.Falecemento: 4.113.132 ptas.

Ós 61 anos: 530.418 ptas.Importe: 137.134 ptas.Inv. permanente: 4.700.723 ptas.

Ós 62 anos: 471.722 ptas.AXUDAS DE CUSTO

Ós 63 anos: 412.547 ptas.Axuda de custo completa: 5.840 ptas.

Ós 64 anos: 353.611 ptas.Xantar + cea: 3.503 ptas.

Xantar ou cea: 1.970 ptas.

ANEXO II

Ano 2001

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial primeiraOficial segundaPeón especialPeón ordinario

Salario base3.7283.5783.5783.4533.3263.199

Complemento actividade1.6931.6931.6931.6931.6531.653

Complemento distancia-transp.950950950950950950

Complemento central469469469469469

Complemento mina1.5941.5941.5941.5941.594

Pagas extras108.859108.859108.859108.859108.859

Paga beneficios108.859108.859108.859108.859108.859

Retén fin de semana3.9213.9213.9213.9213.921

Complemento nocturno1.0511.0511.0511.0511.051

Complemento tóxico P. e perig.2.0072.0072.0072.0072.007

Complemento pistola presión563563563563563

Complemento varredora---------354354

Complemento trituración-art.21235235235235235

Complemento especial planta-6363363363363363

Prima caldeira completa75.28578.28575.28575.28575.285

Prima excav. e amoreadora5.3865.3865.3865.3865.386

H. espera excav. e amoreadora1.2361.2361.2361.2361.236

Prima chemineas8.7878.7878.7878.7878.787

Prima manta e aliment.3.0123.0123.0123.0123.012

Prima traballos art. 22.57.7327.7327.7327.7327.732

Prima precipitadores11.58311.58311.58311.58311.583

Axuda comida978978978978978

Hora extra normal1.3591.3591.3591.3591.359

Hora extra festiva1.7001.7001.7001.7001.700

Xubilación anticipadaPréstamos reintegrablesSeguro de accidentes

Ós 60 anos: 604.087 ptas.Fondo: 2.802.939 ptas.Falecemento: 4.215.960 ptas.

Ós 61 anos: 543.678 ptas.Importe: 140.559 ptas.Inv. permanente: 4.818.241 ptas.

Ós 62 anos: 483.515 ptas.AXUDAS DE CUSTO

Ós 63 anos: 422.861 ptas.Axuda de custo completa: 5.986 ptas.

Ós 64 anos: 362.451 ptas.Xantar + cea: 3.591 ptas.

Xantar ou cea: 2.019 ptas.