Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña do día 21-4-2001, publicáronse as bases para a contratación laboral fixa dos seguintes postos de traballo: 1 peón de servicios múltiples e 1 peón do servicio de recollida do lixo, polo sistema

de concurso oposición libre. Nivel de titulación esixido: certificado de escolaridade ou equivalente.

As instancias solicitando tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Mugardos, 25 de abril de 2001.

Xosé Fernández Barcia

Alcalde-accidental