Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polas obras de pavimentación e servicios da Rúa Luis Pimentel e das Arcas e prolongación da Rúa da Paz, travesía de Podente e do Castro, 1ª fase que comprende: tramo primeiro de Luis Pimentel ata a súa intersección coa Rúa da Bubela e a Rúa das Arcas ata o cruzamento coa SS, aprobando os seguintes documentos que legalmente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación dos prezos coa valoración razoada do solo.

c) Follas de prezo xusto individualizado.

En cumprimento do establecido polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que o integran, se expoñen ó público polo prazo dun mes, a fin de que os interesados poidan formula-las observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular. no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Monterroso, 2 de abril de 2001.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente