Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión realizada o día 15 de marzo de 2001, acordou:

1. Inicia-lo procedemento para a modificación do sistema de actuación no ámbito da unidade de actuación nº 21 delimitada no PXOU, substituíndo o de compensación actualmente establecido polo de cooperación.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de 20 días, o que se anunciará no DOG, debendo citarse persoalmente os propietarios afectados.

O prazo contarase desde a publicación deste anuncio no DOG e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formuláranse as alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 21 de marzo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo