1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante tratamentos silvícolas, reposición de marras e repoboación no monte Fiedal e outro petencentes ó concello da Lama (Pontevedra).
2.2. Prazo de execución: doce (12) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cincuenta e un millóns catrocentas dezaoito mil catrocentas vintenove (51.418.429) pesetas, IVE incluído (309.030,98 euros).
5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, un millón vinteoito mil trescentas sesenta e nove (1.028.369) pesetas (6.180,62 euros).
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación, dous millóns cincuenta e seis mil setecentas trinta e sete (2.056.737) pesetas (12.361,24 euros).
7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38), e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=340.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información: teléfono 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de tratamentos silvícolas e repoboación forestais nos concellos de: Vilar de Barrio, A Lama, Ponte Caldelas, Cotobade, Viana do Bolo e Calvos de Randín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de se esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente