Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de repoboación forestal no monte Serra de Vales, do concello de Viana do Bolo (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: repoboación forestal no monte Serra de Vales, co concello de Viana do Bolo (Ourense).

2.2. Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e seis millóns catrocentas sesetenta e nove mil duascentas vinteoito (56.469.228) pesetas, IVE incluído (339.386,90 euros).

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, un millón cento vintenove mil trescenta oitenta e cinco (1.129.385) pesetas (6.787,74 euros).

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación, dous millóns duascentas cincuenta e oito mil setencentas sesenta e nove (2.258.769) pesetas (13.575,48 eruos).

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38), e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=336.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información: teléfono 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execucion de obra de tratamentos silvícolas e repoboacións forestais nos concellos de: Vilar de Barrio, A Lama, Ponte Caldelas, Cotobade, Viana do Bolo e Calvos de Randín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles, producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facento constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente