Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de marzo de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-01318-O-2000 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados/as, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), dictadas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados/as de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente na Coruña, 29 de marzo de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01318-O-2000

C-6088-W

G.C. de Tráfico

Mamadou Mamadou Fedior

Rúa Camiño do Areal, 21

15313 Oleiros (A Coruña)

Realizar transporte privado de mercadorías, bolsos, carecendo de tarxeta de transporte.

7-8-2000; 5.12; A-9; 79,500

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
XC-01700-O-2000

PO-8714-W

G.C. de Tráfico

Marcos Montoya Jiménez

Cambria Montporreir, 86, 2º B

36162 Pontevedra

Realizar transporte privado de mercadorías, carecendo da tarxeta de transporte. Transporta 300 kg de roupa.

1-10-2000; 9.50; N-550; 83,300

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.
XC-01741-O-2000

C-1126-BP

G.C. de Tráfico

Mat. de Construcción Betanzos, S.A.

Avda. Generalísimo, 40

15630 Miño (A Coruña)

Circular realizando un transporte privado para o que se esixe título administrativo específico e carecer del, pola carencia de falta do visado regulamentario. (Decembro 1999) transporta material de construcción.

21-10-2000; 9.41; N-651; 24,700

Artigo 199,b) do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.