Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2001 Páx. 6.030

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 00/057 e 00/058 de corpos docentes universitarios convocadas por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 00/057 e 00/058, convocadas por Resolución rectoral do 6 de outubro de 2000 (BOE do 26 de outubro), comisións que se relaciona como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 4 de abril de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica da enxeñería.

Praza nº: 00/057.

Comisión titular:

Presidente: Pose Blanco, José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Secretario: Díaz Blanco, Ignacio José, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Avilés Caro, José, catedrático de escola universitaria. Universidade de Xaén.

Palou Aymerich, Lluisa, profesora titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Cerqueiro Pequeño, Jorge, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

Presidente: Portillo Franquelo, Pedro, catedrático de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Secretaria: Insua Cabanas, Mª Mercedes, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Marti Dolz, José, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Roa Corral, Ernesto, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Guerrero Strachan, Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Praza de: profesor titular de escoloa universitaria.

Área de coñecemento: linguaxes e sistemas informáticos.

Praza nº: 00/058.

Comisión titular:

Presidente: Valero Ruiz, Valentín, catedrático de escola universitaria. Universidade Castelano-Manchega.

Secretario: Bamonde Rodríguez, Sebastián, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Blesa Pons, Pedro, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Valencia.

Peral Cortes, Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Alacante.

Cotta Porras, Carlos, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: Cuartero Gómez, Fernando, catedrático de escola universitaria. Universidade castelano-Manchega.

Secretario: González Soto, Julio, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Ortega Cantero, Manuel, catedrático de escola universitaria. Universidade Castelano-Manchega.

Rodríguez Rodríguez, Gustavo, profesor titular de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Iturrioz Sánchez, Juan Ignacio, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.