Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva de reparcelación voluntaria.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de marzo de 2001, acordou aprobar con carácter definitivo a reparcelación voluntaria presentada por Ramón Rey Sánchez, en nome e representación propia e dos demais propietarios afectados, dunha área incluída no PERI aprobado definitivamente polo Pleno desta Corporación o 26 de abril de 1999 (terreos comprendidos entre a rúa Gaiteiros os Garceiras, Campo da Feira do Gando e o Camiño de Santiago).

O que se publica, de acordo co establecido no artigo 111.1º do Regulamento de xestión urbanística, para os efectos oportunos.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da derradeira publicación (DOG ou El Correo Gallego) do presente acordo ou da recepción da presente notificación, se esta fose posterior, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes contado igualmente desde a recepción da presente notificación. Neste caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

O presente anuncio, de acordo co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, servirá de notificación ós posibles propietarios descoñecidos, aqueles dos que se descoñeza o seu domicilio e ós que, intentada a notificación, non se lles puidese realizar.

Melide, 18 de abril de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde