Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 28 de febreiro de 2001, aprobou a adxudicación, mediante concurso, para a execución das obras de rehabilitación do edificio número 11 da praza do Campo de Lugo, pola presente publicación anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado: rehabilitación do edificio nº 11 da praza do Campo de Lugo.

b) Prazo de execución: seis meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total do contrato é de 31.720.426 pesetas; non obstante, o prezo del contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 634.409 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3º Localidad e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: e terceiro día hábil (agás sábados) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 21 de marzo de 2001.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área