Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, para a contratación das obras de ordenación de espacios do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 135 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado número 70, do 21 de

marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación das obras de ordenación de espacios do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación das obras de ordenación de espacios do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 747.918.125 pesetas (449.507,9 euros).

5. Garantías.

Provisional: 14.958.363 pesetas (89.901,6 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG número 743, do 18 de abril de 2001).

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG número 743, do 18 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1. Entidade: Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ós dez días hábiles seguintes ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG número 743, do 18 de abril de 2001.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

José María García Leira

Presidente