Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola

que se anuncia a licitación do concurso, con

procedemento aberto, das asistencias técni-

cas que se citan. (Clave OH.915.507/AT e tres máis).

a) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a dirección de obras hidráulicas e control na demarcación de Galicia-Costa Centro (Santiago de Compostela-A Coruña).

Clave: OH.915.507/AT.

Orzamento: cincuenta e dous millóns de pesetas (52.000.000 de pesetas, equivalente a 312.526,294 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: un millón corenta mil pesetas (1.040.000 pesetas, equivalente a 6.250,256 euros).

2. Asistencia técnica para a dirección de obras hidráulicas e control na demarcación de Galicia-Costa Norte (A Coruña).

Clave: OH.915.513/AT.

Orzamento: cincuenta e cinco millóns de pesetas (55.000.000 de pesetas, equivalente a 330.556,657 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: un millón cen mil pesetas (1.100.000 pesetas, equivalente a 6.611,133 euros).

3. Asistencia técnica para a dirección de obras hidráulicas e control na demarcación das cuncas intercomunitarias de Lugo.

Clave: OH.927.327/AT.

Orzamento: sesenta millóns (60.000.000) de pesetas, equivalente a 360.607,263 euros.

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: un millón duascentas mil pesetas (1.200.000 pesetas, equivalente a 7.212,145 euros).

4. Asistencia técnica para a dirección de obras hidráulicas e control na provincia de Pontevedra.

Clave: OH.936.479/AT.

Orzamento: cincuenta e dous millóns (52.000.000) de pesetas, equivalente a 312.526,294 euros.

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: un millón corenta mil (1.040.000) pesetas, equivalente a 6.250,256 euros.

b) Cualificación profesional do persoal responsable.

É a indicada no punto 9.1 do prego de prescricións técnicas particulares.

c) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://

www.xunta.es/contratacion.

d) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para cada unha das asistencias técnicas indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

e) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezanove (19) de xuño de 2001.

g) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 8 da memoria do prego de bases.

h) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día catro (4) de xullo de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

j) Data de envío do anuncio.

26 de abril de 2001.

k) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

26 de abril de 2001.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia