Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 03 de maio de 2001 Páx. 5.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de auga mineral-natural dos mananciais denominados O Ferradal número 62 e Santán número 63, no termo municipal de Allariz (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer que o Concello de Allariz solicitou a declaración de augas mineral-natural para os manantiais do Ferradal número 62 e Santán número 63 sito no termo municipal de Allariz (Ourense).

O que se fai público co fin de que aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente e alegar ante a delegación provincial o que consideren conveniente no prazo de quince días.

Ourense, 12 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense