Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da xestión indirecta do matadoiro municipal na súa modalidade de concesión administrativa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: xestión indirecta do matadoiro municipal. Duración: 25 anos improrrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Canon: fixo: 1.000.000 de pesetas anuais e variable 1 peseta/kilogramo ata 4.000.000 de quilogramos e 0,75 pesetas/quilogramo a partir dos primeiros 4.000.000 de quilogramos.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.000.000 de pesetas.

b) Definitiva: 25.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Tel.: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

Data límite: corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: corenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: cláusula 13ª do prego.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o oitavo día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas.

9. Criterios de selección e gastos: cláusulas 16 e 24 del prego.

Pontevedra, 13 de marzo de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral