Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía 38/2001, con data do 26 de febreiro, o Plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei, na zona detallada nos planos que se encontran no proxecto redactado pola empresa CESA (Consultora de Ingeniería e Empresa), de conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia, xornal El Progreso de Lugo e notificacións individuais ós afectados, contando a partir da última publicación, para os efectos do que poida ser examinado na secretaría do concello, e formula-las alegacións pertinentes.

Quedan suspendidas por un ano as licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións no ámbito territorial, comprendidos na zona do Plan parcial. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, no poidan ser notificados persoalmente.

Palas de Rei, 26 de febreiro de 2001.

Fernando Alfredo Pensado Barbeira

Alcalde