O Pleno da Corporación, en sesión, que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UA 17-2 promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no número 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Recursos.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.
Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.
Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/198, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 8 de marzo de 2001.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde