Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/34-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. saídas subestación San Miguel.

Situación: Manzaneda.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV saídas subestación San Miguel, de 27 m e conductor tipo LA-110, derivada desde o pórtico existente para saída de liñas de M.T. e remata no apoio nº 1 da L.M.T. O Vao-O Bolo. Liña subterránea a 20 kV conexión Iberdrola-centro distribución San Miguel, de 30 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, derivada desde a cela da subestación San Miguel e remata no centro de distribución proxectado San Miguel. Liña subterránea a 20 kV de 245 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, derivada desde o centro de distribución proxectado San Miguel ata o pórtico para saídas de media tensión aéreas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense