Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T. e C.T. Pazos.
Situación: San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 32 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Unvi e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. existente Pazos, ó que se lle instala un trafo de 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 21 de marzo de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense