Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 02 de maio de 2001 Páx. 5.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de abril de 2001 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Ramón Diéguez-Cerámica Celta La Calera Pontecesures.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Ramón Diéguez-Cerámica Celta La Calera Pontecesures, con domicilio en Pontecesures (A Coruña).

Supostos de feito.

1. María Josefa de la Paz Diéguez Montes, na súa calidade de presidenta do padroado da fundación, en escrito do 20 de marzo de 2001, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 6 de marzo de 2001, ante o notario Manuel Peregil Cambón, co número catrocentos corenta e dous do seu protocolo por María Josefa de la Paz Diéguez Montes, Juan José Conde Roa, María Paz Diéguez Montes, María Araceli Balbina Diéguez Montes, José Ramón Diéguez Montes e Jorge Juan Ferrón Grela; interveñen María Josefa de la Paz Diéguez Montes, Juan José Conde Roa, María Paz Diéguez Montes, María Araceli Balbina Diéguez Montes e José Ramón Diéguez Montes no seu propio nome e dereito; Jorge Juan Ferrón Grela na sua calidade de administrador único en nome e representación da entidade Herederos de Ramón Diéguez, S.L.

3. Segundo consta no artigo 7 dos seus estatutos o obxecto da fundación é colaborar na promoción cultural e económica da Comunidade Autónoma galega no seu propio ámbito territorial e así mesmo a nivel nacional, tendo como fins primordiais:

a) Fomento do estudio e difusión da Cerámica de Pontecesures.

b) O fomento da investigación, o estudio e difusión de tódalas manifestacións artísticas relacionadas coa cerámica e outras correntes afíns (pintura, escultura, deseño, artes menores, etc...).

c) A catalogación e inventario das pezas da Cerámica de Pontecesures correspondentes a coleccións públicas e particulares.

d) A recuparación das primitivas instalacións da fábrica da Calera de Pontecesures para uso cultural.

Tamén poderá promover e participar no fomento e difusión de calquera outra manifestación artística.

4. O padroado da fundación estará integrado por María Josefa de la Paz Diéguez Montes, como presidenta, Juan José Conde Roa como secretario e María Araceli Balbina Diéguez Montes, María Paz Diéguez Montes, José Ramón Diéguez Montes e Jorge Juan Ferrón Grela como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Ramón Diéguez-Cerámica Celta La Calera Pontecesures, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede á súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 17 de abril de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Ramón Diéguez-Cerámica Celta La Calera Pontecesures e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública